Programación de Nadal 2016/17 en O Rosal

actividades-de-nadal-concello-do-rosal

Segundo comunica o Concello do Rosal, estas son algunhas das actividades que se celebrarán na nosa vila este Nadal.

Para comezar, o sábado 10 de decembro  (18:00 horas, Auditorio do Rosal) celebrarase un Festival de Baile a cargo de “Marcando Pasos“.

O domingo 11 de decembro (12:00 horas), tamén no Auditorio, Festival de Bandas de Música, coa participación da anfitriona Agrupación Musical do Rosal e a convidada, Agrupación Musical de Vincios.

O sábado 17 de decembro, Concerto de Corais “Ecos de Nadal” (Auditorio, 18:00 horas). O domingo 18 de decembro, terá lugar o Concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal.

O xoves 22 de decembro, “O Apalpador visita O Rosal” (Praza do Calvario, 17:00 horas).

O luns 26 de decembro, Obradoiro de Marionetas (11:00 horas) e Obradoiro de Máscaras (17:00 horas) na Sala de Exposicións do Concello.

O mércores 28 de decembro, cine coa película Zootrópolis (Auditorio Municipal, 17:00 horas).

O venres 30 de decembro, contacontos. Contos de Nadal, na Biblioteca Municipal (17:00 horas).

O martes 3 de xaneiro de 2017, “Os Bolechas no Rosal” na Praza do Calvario a partir das 17:00 horas.

O xoves 5 de xaneiro. Recibimento aos Reis Magos na Praza do Calvario. A partir das 17:00 horas traerán agasallos e celebrarase unha chocolatada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies