PRETO DE 100 ATLETAS PARTICIPARÁN NO “I CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN” DO VINDEIRO SÁBADO 9 DE FEBREIRO

Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
A actividade deportiva terá lugar no Cámping Santa
Tecla de Salcidos (A Guarda), nas categorías de alevíns, infantís e cadetes (masculino
e feminino). Os deportistas con discapacidade participarán na categoría de cadetes.
A saída da primeira categoría será aproximadamente
ás 10:30 h. (alevíns) e a última ás 12 h. (cadetes).
Participarán atletas dos clubes: Racing Chapela,
Juan XXIII e San Xerome (da FEGADDI- Federación galega de deporte para persoas
con discapacidade intelectual), xunto
con atletas dos clubes-centros: Suárez Marquier, Tui Thermalia, IES A Sangriña,
Atletismo Porriño, ademais de atletas que o farán de xeito individual.
A actividade estará organizada polo Club deportivo
San Xerome,  conmemorando o 32
aniversario do Centro, e conta coa colaboración da Deputación Provincial,
Concello da Guarda, Cámping Santa Tecla, Coca Cola, Frutas Serafín e
Aguasana.  Mención especial aos
voluntari@s que dende fai varios días están a colaborar para que este evento
sexa un éxito.
Informamos tamén que neste mesmo circuíto o sábado
16 de febreiro, terá lugar  o Campionato
Galego de campo a través para persoas con discapacidade intelectual, organizado
nesta ocasión pola FEGADDI, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello
da Guarda, Cámping Santa Tecla e do Club Deportivo San Xerome. As  diferentes carreiras terán lugar de 10:30  a 14 h.
Animamos ao público en xeral acuda a animar aos deportistas
nestes dous eventos, nun espectacular circuíto que xa foi escenario dun
Campionato de España de campo a través (FEDDI) no ano 1997.
Nas fotografías, un grupo de adestradores-voluntarios  preparando o circuito no Cámping Santa Tecla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies