Presentouse a XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020

Este martes 30 de xuño tivo lugar na Praza do Calvario a presentación da XXVIII edición da Feira do Viño do Rosal 2020, declarada Festa de Interese Turístico.

Cunha calor propia xa desta estación do verán, a alcaldesa da vila, Ánxela Fernández Callís e o presidente da Asociación de Adegueiros do Rosal, Enrique Costas, ofreceron -baixo o agradecido acubillo da sombra dunha árbore- unha pequena rolda de prensa para os diferentes medios xornalísticos que ata alí nos achegamos para cubrir o evento.

Velaquí vos deixamos as súas declaracións íntegras, que podedes escoitar en RADIOROSAL e onde se lembra que a Feira “reinventouse e readaptouse rapidamente ás novas circunstancias para poder ofrecer unha nova edición participativa, alternativa e singular os vindeiros días 17, 18 e 19 de xullo“. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies