Presentación do libro ‘Cancioneiro Tabernario’

O vindeiro sábado día 16 de decembro (22:30 horas) terá lugar no Bodegón “Os Seixiños” (A Gándara-A Guarda), local do rosaleiro Sergio Rodríguez “Trinta”, a presentación do libro Cancioneiro Tabernario.

Trátase dunha compilación con máis de cento vinte pezas de temas populares para cantar, “moitos deles coñecidos por ser interpretados por grandes grupos e solistas da música galega, e outros moitos que se transmiten oralmente na bisbarra e arredores por músicos tanto profesionais como afeccionados”.

Segundo nos afirman dende a Organización “o libro busca ser o máis práctico posible na súa consulta e manexo, tanto para transformarse nun manual de supervivencia en seráns, furanchos e foliadas como para o seu estudo polo lector cobizoso do saber da cultura musical e da tradición popular galega”.

A presentación deste cancioneiro verase acompañada no Bodegón Os Seixiños, como non podía ser doutro xeito, por actuacións de grupos vocais, gaiteir@s, pandereteir@s,… e ao remate foliada cantareira, aberta para todo aquel que desexe participar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.