Comunicámoste que o xornal “O ROSALEIRO”, o primeiro periódico na historia de O Rosal, que se presentou oficialmente o pasado xuño, seguerá a súa actividade –cando menos estes últimos meses do ano 2020- tan só na súa versión dixital, como medida preventiva e solidaria por mor dos casos de COVID-19 rexistrados na nosa Comarca.

Iso si, lembra que o número 1 de O ROSALEIRO, na súa edición limitada e impresa, aínda se pode adquirir na Librería Ideas de O Rosal e A Guarda ao simbólico prezo de 2 €.

Por suposto, seguimos traballando nun especial nº 2 en papel, que agardamos presentar ben a finais de ano, ou ben a comezos de 2021 (segundo avance a pandemia) para enlazar desta forma coa nosa idea inicial, que é a de publicar O ROSALEIRO de forma bimestral (cada dous meses).

Igualmente estamos barallando a posibilidade que moitos/as nos estades transmitindo da suscrición anual e da entrega a domicilio do periódico extremando todas as medidas hixiénicas. Proximamente iremos informándote.

De momento podes seguir ao xornal O ROSALEIRO no seu perfil oficial na rede social INSTAGRAM e, como non, na propia web Noticias O Rosal.

Para compensar de momento a falla de edición impresa, decidimos crear a partir de agora –de luns a venres– unha serie de exclusivas “portadas dixitais” que, serán a posteriori, publicadas tamén en vindeiros exemplares en papel de O ROSALEIRO.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.