Volve un clásico. Volve o ‘polbo á feira’ dende O Carballiño a O Rosal, pois como veñen de anunciar Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes da Cafetería Skape 30, a Pulpería Ruzo desembarca este domingo 19 de xuño, unha vez máis, en terras rosaleiras.
Como sempre, servirase “o pulpo” dende as 10:00 ata as 15:00 horas, tanto no propio interior do local como na súa terraza da rúa Pascuala, nº 1 (O Rosal).