Pías (O Rosal) celebra o XII Torneo da Cachiza

A Alameda de Pías (San Miguel de Tabagón – O Rosal) acollerá o vindeiro sábado 3 de marzo (15:30 horas) a XII edición do xa clásico Torneo da Cachiza San Gregorio 2018.

Tal e como reza o cartel, o prezo de inscrición por parella é de 10 €, con agasallo de camiseta. Podes apuntarte ao campionato así como ao xantar (12 €) no teléfono 606 837 304 (Sergio).

Integrantes do Coro Fuscalheiro. (Foto: C.F. 2015)

A Festa estará amenizada polo grupo “Coro Fuscalheiro” e ao rematar o Torneo da Cachiza terá lugar a entrega de premios e a actuación da banda tudense MICALIP’S.

Foto: Micalip’s

Segundo confirma a Organización, o recinto estará cuberto por unha carpa.

P.D.: Arriba, na imaxe principal, un xovencísimo Raúl disposto a lanzar ante a atenta mirada de Esteban e Tebi. (Foto: Noticias O Rosal, 2010).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies