Peregrinaxe a Santiago polo Camiño da Costa

A Asociación San Xerome Emiliani realizará unha peregrinaxe a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa que percorre -entre outras- as vilas baixomiñotas de A Guarda, O Rosal e Oia.

Segundo nos comunican “este ano 2017 cumprimos 40 anos traballando por acadar os soños e obxectivos dos nosos usuari@s e familias, polo que decidimos levar adiante esta iniciativa enmarcada dentro das actividades programadas para festexar o noso 40 aniversario”.

Dende o San Xerome son conscientes de que “facer o Camiño de Santiago supón un reto de aprendizaxe, unha experiencia diferente, unha oportunidade de interaccionar e disfrutar cos compañeiros, de coñecer novos lugares e sobre todo pasalo moi ben”.

O Camiño Portugués pola Costa a Santiago, cuxa primeira etapa comezará o xoves 4 de maio dende a Praza do Reloxo (A Guarda) ata Oia, realizarase en “10 etapas, unha etapa cada xoves rematando o xoves 6 de xullo de 2017. Participarán todos os usuari@s do servizo de adultos que o desexen, profesionais, familiares e voluntarios”.

Máis información na web www.sanxerome.com ou no teléfono 986 61 37 19. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies