Panorama presenta en O Rosal a “Xira Deluxe”

Apenas quedan 10 días para disfrutar das Festas en Novás na honra de San Xosé Obreiro. O sábado 28 de abril, a partir das 23:00 horas, celebrarase o “Novás Fest” coa actuación dos Djs: Paolo Dumore, Adrián Mesu, Beto Morgado, Diego Mariño e Joselete.

Tal e como anuncia a Comisión, haberá cantina a prezos populares, con degustación de rosca. Xa o luns 30 de abril, ás 22:00 horas, verbena a cargo do Grupo 3.com e, sen dúbida, un dos alicientes destas Festas, chega a O Rosal o espectáculo da recoñecida orquestra Panorama, que presentará a súa “Xira Deluxe“.

O martes 1 de maio, a partir das 11:30 horas da mañá, baixada do Santo en procesión, acompañado de A Boalleira, ata a Praza de Novás, onde as 12:00 horas se celebrará unha misa de campaña cantada pola coral Ecos do Folón.

De tarde, actividades para nen@s, subasta de produtos típicos e a actuación de Odaiko & Vanesa Muela. O recinto estará cuberto con carpa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies