Lun. Ago 15th, 2022
Benito, Pili e Pablo charlando distendidamente durante a cata

Como xa anunciáramos nas redes sociais, Pablo González Morais, natural de Camposancos (A Guarda) e residente en Cádiz, resultou ser o gañador do “Sorteo dun estuche de tres botellas de viño do Rosal” que organizaron estes días Adega Pateira e Librería & Editorial Tamuxe para conmemorar a recén apertura desta última, que como sabedes tamén é a sede física oficial da nosa web Noticias O Rosal.

Benito Álvarez e Pablo González, no exterior da Adega

Pois ben, onte, luns 11 de xullo á tardiña, tivo lugar o acto de entrega do estuche a Pablo e a Pili, que consistiu ademais nunha pequena visita ás instalacións das empresas organizadoras, rematada cunha animada cata de viño a cargo de Benito Álvarez Gándara, alma máter de Adega Pateira.

Pablo González e Juan Ramón Tamuxe, na Librería
Parabéns a Pablo e GRACIÑAS a tod@s dende Librería & Editorial Tamuxe e Adega Pateira por participar. Proximamente anunciarase o vindeiro sorteo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies