Os sepulcros de San Vicente (Marzán-O Rosal)

Cruciformes da Presa de Novellos (Parada-Novás)

LIBERDADE RELIXIOSA EN TODO O IMPERIO ROMANO. OS SEPULCROS DE MARZÁN

Esta xusta, ansiada e merecida liberdade relixiosa, chegou no século IV da Era Cristiá, concretamente cando no ano 313 o emperador Constantino ‘O Grande’, publicou o Edicto de Milán. Este emperador, fillo de Santa Helena, declarou, nese ano, o Cristianismo como relixión oficial do Imperio. A tarefa de Evanxelización axiña se fai patente en toda Galicia e, por suposto, tamén no territorio rosaleiro.

Son evidente proba a cantidade de testemuños de fe cristiá de amor a Cristo Salvador. Queremos referirnos aos innumerables cruciformes, plenamente cristolóxicos, insculturados en moitos dos penedos dos nosos montes; e moitos, aínda, gravados sobre outras figuras prehistóricas (lugares de cultos paganos) coa intención de cristianizalos. E eles, pois, certifican a expansión do Cristianismo.

Non esquezamos que, nalquel entón, estes lugares con tales gravados simbólicos, xa totalmente cristiáns, eran considerados por aquelas xentes (nosos antepasados) lugares sagrados a onde ían a rendir culto a Cristo, representado naquelas figuras alí debuxadas (fermosas cruces) como se de altares ou retablos se tratase.

Aquel celebrado Edicto de Milán do ano 313, supón (supuxo) no noso territorio, dous grandes acontecementos históricos: para os rosaleiros ata aquela gloriosa data, que estiveran como súbditos de Roma.

Cruciformes cristianizando gravados prehistóricos na Valga

O primeiro acontecemento foi o abandono do obrigado culto relixioso, que se tributaba ao deus pagano Mercurio. Isto presupuxo eliminar o correspondente santuario (no que presidía a coñecida ara romana do propio Mercurio) e que se levantaban na vila romana logo, suevo-visigótica de Marzán.

Foi o segundo acontecemento histórico-relixioso (entre os séculos V-VI) o erixir agora, un novo santuario, unha nova e primeira igrexa (comunidade de fieis cristiáns) no noso territorio. É moi probable que ocupara o lugar onde se atopaba emprazado o dito santuario romano. Pois, esta era a costume de ritual, a filosofía e a propia liturxia da Igrexia Católica, para así cristianizar aquel anterior lugar adicado ao culto pagano.

E tamén é posible:
1) Que a propia e actual ermida de San Vicente ocupe o lugar exacto dos dous santuarios que lle precederon.
2) Aínda, que o actual titular da ermida, sexa o mesmo que tivo aquel primitivo santuario cristián (a partir do século VI no Concilio de Braga) en Marciliana: San Vicente, diácono e mártir no ano 304.

Xoán Tamuxe e Isidoro Millán visitando os sepulcros en 1971. (Foto: García Alén)

Era privilexio e, por concesión pontificia, que nestes casos o patrono ou “possessor” (propietario) das igrexas privadas, que eles erixían, nos primeiros intres da nacente Igrexa, tivesen sepultura propia. Esta soía situarse xa no interior da súa igrexa, xa nas súas inmediacións. E, por suposto, este dereito incluía á súa familia e en máis dunha ocasión, ao persoal do seu servizo doméstico.

Tal, pois, é a orixe e razón das interesantes e coñecidas tumbas daquela igrexa privada de San Vicente. Á igrexa de Marzán, pertenceu tamén a cruz antefixa da cima da ermida.

Neste caso son dobres, familiares (home e muller). Ambos sepulcros están labrados en rocha viva; son de signo cristián pola súa orientación ao Nacente. Parece que foron estreados, xa que mostran certos detalles que o confirman: borde superior, adecuado ao peche coa correspondente lauda (tapa) así como o burato de limpeza, etc.

Posiblemente, nas inmediacións, se atopen vestixios dunha pequena necrópole (cemiterio) durante o tempo que estivo como posible igrexa daquela veciñanza.

Sería moi interesante a realización dunha detida prospección arqueolóxica nas proximidades da ermida. (A historia do poboado romano-visigótico de Marzán en O Rosal. Estudo inédito de Xoán Martínez Tamuxe).

1 thought on “Os sepulcros de San Vicente (Marzán-O Rosal)

  1. Saludos, con respecto a los cruciformes de novellos coincide que estan en la falda del monticulo del castro de parada, del que cogiamos trozos de tegulas de niños, una curiosidad es que tanto el castro de parada el castro de a guarda y el poblado del tecla estan en una linea recta perfecta.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies