OS ROSALEIROS DIEGO E YEYA, CAMPIÓNS DO V TORNEO OS CABAQUEIROS 2013 FELICÍTANNOS O NADAL DENDE MADRID

Diego e Yeya en Madrid (Fotos: Nina López)
Os rosaleiros Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”, vencedores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013, aproveitan para felicitarnos este Nadal e envíannos estas instantáneas dende as inmediacións da ponte de Segovia en Madrid.
Dende o “Paseo de los Pinos”, en pleno Manzanares, pousan cos seus trofeos e os “Catiñas”, premios individuais que os recoñecen á vez como os mellores xogadores do torneo (Diego, “Catiña de Ouro” e Yeya, “Catiña de Prata”).
Hai que lembrar que Diego non puido recoller os seus trofeos de campión o 12 de outubro, na Festa do Cabaqueiro, xa que reside na capital de España. Por iso, o seu compañeiro Yeya, aproveitando unhas pequenas vacacións por Madrid fíxolle entrega das súas correspondentes distincións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies