Lun. Ene 30th, 2023

Informa: Concello do Rosal.

Os Reis Magos volverán a percorrer todos os barrios do Rosal un ano máis. Será a partir das 11:00 horas da mañá do xoves 5 de xaneiro cando unha comitiva cos tres Reis comezará unha visita con case 60 paradas en distintos puntos do concello.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explica que o Concello “volveu invitar aos Reis Magos a facer este percorrido que permite que os nenos e nenas desfruten”. A rexedora lembra que os Reis farán paradas de 10 minutos en cada punto, polo que “haberá tempo dabondo para coñecelos e mesmo para recibir, se cadra, algún agasallo”.

Para axilizar o percorrido o Concello organizou un total de catro itinerarios que pasarán por diferentes puntos de Marzán, A Cachada, A Fecha, Pancenteo, A Cumieira, A Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Tabagón, As Eiras, Fornelos, O Picón, Viso dos Eidos, Martín, Caselas, A Lomba, Couselo, Novás, A Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, Urgal, Valdemiñotos, Couso e O Calvario.

En caso de choiva, a comitiva dos Reis modificará a súa traxectoria para poder realizar as paradas en espazos cubertos:

Ruta 1
11:00h Escola de Marzán
11:45h Casa Oficios da Mata
12:30 Escola de Couso

Ruta 2
11:00h Escola de San Miguel
11:45h Escola de Tabagón
12:30 Escola das Eiras

Ruta 3
11:00h Escola de Fornelos
11:45h Tenda de Martín
12:00h Escola de Pías

Ruta 4
11:00h Escola de Novás
11:45h Palco de San Xián
12:00h Explanada do Horizonte

Pola tarde, a maxia e a ilusión continuarán a partir dás 17:00 con Sue Moreno e o seu espectáculo ‘4.0’ na praza do Calvario, ou en caso de choiva a actuación trasladarase ao pavillón. Nesta actuación mestúranse técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar traballo, vida e maternidade e amosando as mil facianas desta etapa desde un punto de vista divertido, tenro e, por momentos, absurdo.

Ao remate da actuación os reis saudarán ao público asistente e recibirán peticións de última hora. Non faltará o chocolate quente para todas as persoas que o desexen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies