OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOLÍN DO BAIXO MIÑO SERÁN PREMIADOS ESTE SÁBADO 12 NA FESTA DO CABAQUEIRO

O pasado sábado 5 de outubro celebrouse no Salón de
Exposicións do Rosal (Praza do Calvario), a 5ª edición do Campionato de
Futbolín na honra dos Cabaqueiros, sen dúbida unha das máis competidas e de
máis nivel dos últimos tempos.
Diego e Yeya, Campións do V Cabaqueiros 2013
20 dos mellores xogadores da Comarca deste xogo
tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de
Futbolín do Baixo Miño”, resultando gañador despois dun gran torneo, o equipo
YEDIE, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Diego Álvarez Fernández.
Destacar que este é o terceiro título de “Cabaqueiros”
para Yeya (2009, 2012, 2013) e o segundo para Diego (2010, 2013).
Subcampións e campións desta edición do Cabaqueiros
Os subcampións foron OS BATÍNS, equipo formado por Ángel
Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis” (gañador en 2011).
Pola súa banda, o terceiro posto foi para OS DA JALLEIRA,
Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez “Dani” (Campións de
España de Movemento F-2 en 2010), tras gañar a final de consolación ao equipo
REPESCAOS, integrado por Diego Martínez Alonso (vencedor do Cabaqueiros en
2010) e Gustavo Jurado Fernández.
Mañá, sábado 12 de outubro ás 16:30 horas, na Praza do
Calvario,
terá lugar a entrega de trofeos deste V Campionato de Futbolín Os
Cabaqueiros 2013
e coñecerase o gañador do “Catiña de Ouro”, premio que se
instaura este ano e que distinguirá ao mellor xogador do Campionato, elixido
polos propios participantes (tamén haberá “Catiña de Prata” para o segundo e
“Catiña de Bronce” para o terceiro mellor xogador).

A Organización do evento quere agradecer publicamente a
inestimable colaboración dende 2009 do Concello do Rosal, así como das
diferentes institucións, empresas e mesmo particulares que axudan a que se
poida levar a cabo ano tras ano este xa clásico torneo de futbolín para a
xuventude baixomiñota.

A partir do 12 de outubro comeza a tempada de futbolín
2013/14
, onde Yeya e Diego disfrutarán durante todo o ano do seu título (como
campións, teñen invitación para todos os torneos que se organicen), ata a
vindeira XXVII Festa do Cabaqueiro.
CLASIFICACIÓN
FINAL
V
CAMPIONATO DE FUTBOLÍN
OS
CABAQUEIROS. O ROSAL 2013
1º: YEDIE (Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”)
2º: OS BATÍNS (Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis”)
3º: OS DA JALLEIRA (Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez
Martínez)
4º: REPESCAOS (Gustavo Jurado Fernández e Diego Martínez Alonso)
5º: JUANFRONYLLO TEAM (Sergio Diego Fernández  “Frony” e Juan R. Martínez)
6º: AL CUADRADO (Jorge Silva Álvarez “Yors” e Sergio Fernández González
“29”)
7º: OS AMIGOS (Antonio Lomba Rodríguez “Xián” e José Martínez Fernández)
8º: MOTHER TALKING (Jorge Díaz Rocha “Tuka” e Andrés Martínez Rocha “Pipu”)
9º: GAAAS 4 (Luis Martínez Pereira e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”)
10º: LICOR-K (Ruth Mª Martínez e Gerardo González Gómez “Gera”)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies