
Os coordinadores do “10k O Rosal”, entrevistados na Radio Municipal de Tui
Na imaxe, de esquerda a dereita, Juan Ramón Martínez Barbosa, escritor e guía sociocultural, que dirixirá a andaina; Óscar Vicente Rodríguez, recoñecido triatleta profesional e Serafín Martínez Acevedo, exciclista e emprendedor deportivo, promotores e impulsores da carreira.
Lembramos que o “10k O Rosal Feira do Viño” está organizado polo Concello, co patrocinio principal de Banco Mediolanum, e coa colaboración de diferentes adegas, entidades e mesmo empresas da comarca do Baixo Miño.