OS CAMPELOS E JOSÉ PÉREZ ESTARÁN ESTE DOMINGO EN GOIÁN NO FESTIVAL-HOMENAXE Á NENA MARTA LOMBA

O Auditorio de Goián (Tomiño) acolle este domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas o Festival Fin de Campaña Obxectivo Conseguido na honra da nena Marta Lomba.
Tal e como reza o cartel “Grazas á solidariedade de toda a comarca, Marta e seu andador son unha realidade”.
Actuarán neste evento, no que a homenaxeada fará entrega das esculturas premiadas nos sorteos, o grupo de música galega Zurrumalla, a cantante Eva Carreras (participante de Operación Triunfo en 2006) e o cantante rosaleiro José Pérez (representante do Miño no concurso Recantos do Luar-TVG).
O espectáculo estará presentado polo dúo humorístico rosaleiro “Os Campelos”, Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez.
A entrada será gratuíta.  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies