Os/as futbolistas do futuro xogan en O Rosal

Este sábado 31 de marzo celebrarase no Estadio Municipal da Mata a 8ª edición do Torneo U.D. Ribera de Fútbol Infantil 2018.

Trátase, sen dúbida, dun dos torneos referencia da comarca do Baixo Miño que conta este ano co Tomiño como invitado e con equipos da Liga Galega, como son o Ourense C.F., Alondras C.F., Portero 2000, E.D. Xuventude Oroso, A.J. Lérez, C.D. Velle, e por suposto o anfitrión U.D. Ribera.

Ideal ocasión para ver en O Rosal as evolucións d@s futbolistas galeg@s do futuro.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa á U.D. Ribera pola organización deste xa clásico evento do balompé de base autonómico!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.