Mié. Dic 7th, 2022

María del Carmen Varela Velasco, máis coñecida por Mary Varela, é unha pintora natural de Sober (Lugo), aínda que leva uns anos sendo a nosa veciña, xa que vive no barrio de Couselo.

Expuxo parte da súa obra dende o 15 ao 30 de xullo no Centro Cultural de A Guarda. Ata alí se achegaron para visitar a súa exposición a tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso e as concelleiras de Cultura e Turismo, Charo Tabales Perozo e Ángeles Vicente Manzano. 

Segundo nos contaba a artista, xa de pequeniña sentiu emoción polas cores e unha tarde daquelas “en el colegio de monjas, vi a Sor Pura pintando con colores tan bonitos que los recordé para siempre”.

Mary Varela viviu en moitos pobos de España, pero un deles, Riaño (nos montes de León) marcaríaa ata o día de hoxe xa que “allí transcurrieron los días más felices de mi vida, descubriendo la belleza de los colores otoñales, las luces mágicas entre los abedules y el resplandor de los atardeceres en las montañas”.

Tal e como afirma, se prometeu a si mesma ir a unha academia e formarse en Pintura, para poder levar ao lenzo aquelas paisaxes que lle enchían o corazón. Así, dende 1995 cursou os seus estudos de Arte no Taller Abierto de Pintura de la Universidad Popular de Zaragoza para continualos ata o 2000 na U.P. de Valencia.
Polo tanto, leva máis de 15 anos mostrando a súa obra por toda a xeografía galega e nacional, participando en exposicións colectivas e individuais. Precisamente nesta, na Guarda, presentou en sociedade ao seu fillo David Tamayo Varela, pintor autodidacta, que en palabras de Mary “conoce la naturaleza y la refleja, es un creador. Siento mucha felicidad y tengo la ilusión de que siga pintando”.
Un comentario en «Os artistas Mary Varela e David Tamayo, expuxeron a súa obra na Guarda»
  1. Se nota tu amor a la pintura, y que lo haces con mucho cariño. Me encantan tus atardeces sobre todo. Enhorabuena.
    Emiliana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies