Os amantes do motor reúnense en O Rosal

Este sábado 25 de agosto terá lugar no céntrico párking de Barbuntín (O Rosal) a KDD Baixo Miño Motor, un evento organizado por Dani Rodríguez e Celia Carrera da Cafetería Bar Skape 30 en unión de varios veciños da vila.

Dende as 10 da mañá ata as 23:00 horas, haberá exposición de coches clásicos, deportivos e mesmo racing, con comida para quen decida quedarse a 15 € (churrasco, tortilla, empanada, bebida, postre e café).

Segundo nos comentan dende a Organización, sortearanse 150€ para unha tatuaxe e 250€ para cambio de rodas, aceite, etc.

Skape 30 ofrecerá servizo de carpa, cantina, hinchable para os máis pequenos e aínda toro mecánico para todas as idades.

Máis información deste evento no teléfono 638 823 197.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.