Olympus, o “prato forte” das Festas de Novás

A Comisión de Festas de Novás vén de confirmar no seu perfil oficial de facebook que a Orquesta Olympus, unha das mellores de Galicia, actuará o vindeiro domingo 30 de abril durante os festexos na honra de San Xosé Obreiro. 

Este é o “comunicado” completo: “¡Tachán! Aquí vos desvelamos a primeira noticia sobre a festa, e comezamos cun dos pratos fortes… Este ano en Novás, e dende fai tempo sen contar coa súa actuación, volveremos a ter connosco á fabulosa ¡Orquesta OLYMPUS! 😀 😀 😀 Sabemos que sodes moitos os que a seguides e desfrutades dos seus espectáculos, e por iso este ano quixemos “tirar a casa pola ventana” jajaja.

O domingo día 30 de abril poderemos bailar con OLYMPUS e a súa nova xira “Con la fuerza del corazón”. Pero iso non é todo, pois o mesmo día nos acompañará o Grupo Nostalgias 🙂

Que máis se pode pedir? Vai a ser unha noite chea de festa, así que ¡¡¡NIN SE VOS OCURRA FALTAR!!!”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies