Lun. Oct 25th, 2021
O venres 20 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos. Ás 19:00 horas proxectarase un documental que leva por título “Anacos…” da autoría do contacontos rosaleiro Benito Guerreiro. Unha vez rematada a proxección dará co-mezo a charla á que asistirán os coñeci-
dos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez acompañados do psicólogo deportivo Juancho Armental. Moderará e presenta-
rá este acto o televisivo xornalista Terio Carrera.
·Ezequiel Mosquera: ciclista profesional dende 1999 está considerado un dos mellores corredores nacionais. Nas tres últimas “Vuelta a España” rematou entre os cinco primeiros clasificados da Xeral. É o líder do equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino.
·Iván Raña: triatleta e ciclista. Campión do Mundo de Triatlón en Cancún (2002). En 2003 recibiu a Medalla de Prata de Galicia que outorga a Xunta. Disputou tres Xogos Olímpicos (Sidney, Atenas e Pekín) rematando 5º neste último.
·Serafín Martínez: o rosaleiro é ciclista profesional dende 2007. Durante 9 etapas foi líder da Clasificación da Montaña na Vuelta a España dese mesmo ano. Neste última edición foi o gañador da xeral dos Sprints Solidarios.
·Juancho Armental: é deportista, psicólogo e consultor de Recursos Humanos e Rendemento para empresas e deportistas de elite. Durante 6 anos foi o psicólogo do rendemento do R.C. Celta de Vigo.
·Terio Carrera: é xornalista e na actualidade presentador do programa Zona Champions da TVG, sendo unha das voces do deporte en Galicia e como non, un referente dende sempre no ciclismo.
6 comentarios en «Os coñecidos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez, o venres no Auditorio»
  1. Animar a todo o mundo a que se achegue ó Auditorio. Ben seguro que sacaremos moito de proveito ó escoitar as experiencias de bos exemplos de superación. Vivamos como rosaleiros 😛

  2. Calcúlase que o acto -entre o documental, a charla e as posteriores preguntas- durará como mínimo ata as 21:00 horas.

  3. Canto durará aproximadamente?? Porque teño entreno as 20.30. Outra opción sería non ir a entrenar, que total, para o que xogo, non afectaría moito…

  4. Muitos bikiños desde bcn dunha rosaleira k esta fora deseando volver 😉

  5. Parabens ós administradores de Noticias O Rosal pola vosa gran labor. Boa oportunidade este coloquio para os que amamos o ciclismo, irrepetible….

  6. Seguro que será un acto interesante, estando estes cracks da nosa terra. Eu non poderei asistir por motivos laborais, pero espero estar ben informado do alí acontecido a través desta páxina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies