O SAN XEROME, CAMPIÓN DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO FEMININO 2012

Campionas Galegas de baloncesto, categoría adaptada o pasado 2011
Información e fotografías: Centro San Xerome
Despois dun ano
de traballo, esforzo e sacrificio
cumprindo un duro plan de adestramentos, a tempada non puido acabar mellor para o equipo feminino de baloncesto da
máxima categoría de competición  (Fegaddi-Feddi).
Nos últimos días
dábamos conta do  éxito do equipo no Campionato de España de baloncesto
celebrado en Alicante, onde acadaron o terceiro posto.
Informamos hoxe
dun novo éxito: o primeiro posto na Liga Galega de baloncesto, organizada pola Fegaddi (Federación galega de deporte
para persoas con discapacidade intelectual).
A última xornada
da Liga tivo lugar no Pavillón do
Porriño, onde unha vez máis fíxose
patente a igualdade entre o noso equipo e o segundo clasificado: as Esclavas de
Mos. Un só punto de diferencia fixo que nesta ocasión a balanza se  inclinara cara o noso lado.
Ao remate da
xornada, o alcalde do Porriño, Nelson
Santos, xunto con varios concelleiros e representantes da Fegaddi fixeron
entrega dos trofeos correspondentes: María F., recolleu o trofeo da máxima
categoría feminina. O equipo masculino do Racing de Chapela foi o  vencedor na categoría  masculina.
Noraboa a
Amparo, Maite Santos, Maite Barros, María F., Rosalía, Jeny, Nuria, Rosa María,
Vanesa e Lucía; así como ao equipo de
adestradores David, Tere, Belén e
Robert. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies