O SÁBADO 5 DE OUTUBRO CELÉBRASE NO ROSAL O V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS DO BAIXO MIÑO

Este sábado 5 de outubro a partir das 16:00 horas, celébrase na Praza do Calvario (se fai mal tempo, no Salón de Exposicións do Concello) a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, a coñecida como “Champions de Futbolín do Baixo Miño”.

A inscrición: 10 € participante (20 € o equipo). A data límite para apuntarse será o xoves 3 de outubro ás 0:00 horas (pódese pagar o mesmo sábado 5, antes do comezo). Os premios outorgaranse segundo inscrición.

A entrega de trofeos terá lugar o día 12 de outubro na Praza do Calvario ás 16:30 horas.

A organización do evento está coordinada dende 2009 polo emprendedor sociocultural rosaleiro Juan Ramón Martínez Barbosa. Para inscribirse ou para máis información:

Móbil: 637 311 007 (tamén por WhatsApp)
E-mail: juanorosal@hotmail.com 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies