O historiador, escritor e investigador de O Rosal, Xoán Martínez Tamuxe, presenta hoxe, venres 20 de decembro, o seu novo libro, que leva por título: Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia.
A Casa Cultural de Mougás – Oia (19:30 horas) acollerá o acto de presentación, que estará a cargo do historiador Fernando Javier Costas Goberna.
Segundo podemos ler na web municipal oiense: “Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia trata de achegarnos a este interesante patrimonio etnográfico para poder coñecelo mellor e revalorizalo. Ao longo das súas páxinas, escritas tras unha rigorosa investigación e compilación de datos durante varias décadas, Martínez Tamuxe ofrece un resumo histórico de cada parroquia e o inventario de cada peza ou monumento, así como o seu estudo e catalogación”.