O rosaleiro Sergio R. Rodríguez “Trinta” crea a Liga de Fútbol de FIFA 15

O emprendedor rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”, xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños, sito no lugar da Gándara (Salcidos-A Guarda) vén de crear a Liga de Fútbol de FIFA15 para todas as idades e públicos.
A competición, que se xogará na plataforma PlayStation3, con premios segundo inscricións, comezará este venres 6 de febreiro, sendo o último día para anotarse o mércores día 4 ás 21:00 horas no local, cando se realice a presentación e os sorteos dos equipos.

En palabras de Sergio “Trinta” -organizador da Liga- a Noticias O Rosal, “queremos que los que se apunten se lo pasen genial con uno de nuestros juegos preferidos de siempre, el Fifa. Animo a pequeños y mayores a venir a conocernos y pasar un buen rato aquí, en Os Seixiños“.

¿Como anotarse? A inscrición para todo o campionato é de tan só 5 €. Se tes algunha dúbida ou queres máis información, pásate polos “Seixiños” ou chama ao teléfono 986 61 01 39.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies