O rosaleiro Rubén Rodríguez “Trinta” será homenaxeado este venres 24

Rubén Rodríguez “Trinta” participando na Subida a Oia do ano 2007. (Foto: Lalo Rodríguez)

Este venres 24 de outubro celebrarase na Gándara (A Guarda) unha festa-homenaxe na memoria do veciño e piloto rosaleiro Rubén Rodríguez “Trinta” con motivo da VII Subida a Oia, coñecida proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña 2014.

O evento, que será público e aberto a todos/as, terá lugar no Bodegón-Tapería Os Seixiños, local rexentado polos seus familiares, a partir das 22:00 horas, coa presentación do antigo coche de Rubén, o Opel Corsa GSI de NT Competición.

Tal e como reza o cartel, haberá playseat, pinchos gratuítos e DJ. Máis información, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies