Jue. Oct 6th, 2022
Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o pasado domingo 27 de decembro “disputouse en Ferrol o Campionato de Galicia de Ciclocross con dous novos podiums, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González“.
Dende o CC. O Rosal recálcase que “Comezaba a categoría de Promoción e como xa vén sendo habitual o infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como o nome o di, ésta e unha categoría de promoción, polo que non lle foi adxudicado o Subcampionato de Galicia. O seu compañeiro Iago Álvarez chegaba un chisco máis retrasado e entraba no 7º posto”.
“Continuaba a categoría Cadete e María Correa loitaba o indecible pero tiña que contentarse co 6º posto da clasificación, o mesmo que Mario Fernández quen tamén noutra grande loita, acadaba o 5º posto.
En Júnior os nosos representantes estaban ao nivel habitual e Xoel Villa entraba na 15ª posición, Adrián Santomé na 16ª i Ero Sobrino vítima de dous pinchazos, na 17ª.
En Féminas era Zaida a que nos voltaba a dar outra alegría ao conquistar ese Subcampionato que tanto loitou durante toda a carreira e que sen dúbida merecía. Parabéns Zaida”.
Para rematar, afírmase dende o Club Ciclista O Rosal, “non podemos deixar de comentar que o “gran” Raúl Fernández agora enrolado no SuperFroiz, tamén se levaba a Medalla de Bronce en Sub23″.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies