Lun. Jun 27th, 2022

📸 R.C. Celta // Karolina Puchmertlova

O deportista rosaleiro Jonathan Correa Prado (Real Club Celta de Atletismo) vén de proclamarse esta fin de semana en A Coruña, Campión Galego Absoluto de Xavelina cun lanzamento de 59.39 metros, que é tamén a súa mellor marca persoal.

Jonathan, avantaxado pupilo do noso biolímpico David Gómez, naceu en O Rosal o 11 de xullo de 1992. Segundo nos lembraba hai pouco o mítico adestrador e mestre Félix Piñel aínda que lanza tamén disco e peso “a especialidade de Jonathan é, sén dúbida, o lanzamento de xavelina”.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa sincera noraboa para Jonathan e tamén para David. Oxalá veñan moitos máis desafíos e, por suposto, éxitos. Ánimo e moita sorte, cracks! #ORosalcalidade

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies