
O rosaleiro Diego Álvarez ficha pola Juventus

Esta é, sen dúbida, unha das novas polas que, hai máis de 8 anos, mereceu a pena crear a web cultural e deportiva Noticias O Rosal “co obxectivo e a única razón de dar a coñecer un pouquiño máis o noso pobo de O Rosal, os seus costumes, as súas xentes. Para que precisamente non se esquezan certas tradicións, para que se recoñezan aos seus paisanos singulares e destacados… en definitiva, para que quede constancia para a Historia”.
Un veciño noso, Diego Álvarez Fernández, de Pancenteo (Marzán), vén de fichar pola Vecchia Signora, ou o que é o mesmo, a Juventus de Turín. A institución de fútbol italiano, a falta da sinatura oficial, será o novo club e destino do adestrador rosaleiro.

Temos claro que, tras o curto pero magnífico papel desempeñado ata agora en categorías inferiores, non é ningunha casualidade que a Juve se fixara e confiara en Diego para o seu novo proxecto internacional Juventus Academy en España, “cuyo fin es exportar más allá de las fronteras italianas el modelo de escuela de fútbol de la Juventus de Turín, uno de los clubes más reconocidos del mundo y el club más exitoso de Italia, habiendo ganado la liga la temporada 2015-2016 por quinta vez consecutiva. En la actualidad, el proyecto Juventus Academy se encuentra presente en más de 30 localizaciones por todo el mundo. En 2013 llega a España con mucha ilusión para ofrecer su magnífico proyecto de escuelas de fútbol”.

Segundo vén de anunciar Diego Álvarez hai intres nas redes sociais, este é “un paso más! Un nuevo proyecto, una oportunidad para seguir creciendo, formándome y estar donde quería. Entro a formar parte de un gran club, entro a formar parte de La Juventus. No puedo expresar mi felicidad por tan bonito reto y por la confianza depositada en mí. Trabajo, Humildad y sobre todo, mucha mucha Ilusión. #ForzaJuve“.
