O rosaleiro David Gómez, na presentación da Asociación Deportiva Meeting Rías Baixas

Meeting Rías Baixas

A “Casa da Luz” de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves 24 de marzo (20:00 horas) a fundación oficial da Asociación Deportiva Meeting Rías Baixas.

Con este motivo celebrarase o coloquio “Futuro do atletismo: Promoción e Innovación“, coa presenza da concelleira de Deportes da cidade, Anxos Riveiro e de “reputados personaxes do atletismo autonómico e nacional como Isidoro Hornillos, Raúl Chapado, David Gómez ou Solange Pereira“.

Segundo afirman dende Meeting Rías Baixas estase “traballando a tope para conseguir que Pontevedra e as Rías Baixas sexan a capital do atletismo o vindeiro 28 de xullo”.

O decatleta rosaleiro David Gómez, que disputou dous Xogos Olímpicos, os de Atenas e Pekín, é na actualidade, adestrador do Real Club Celta de Atletismo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies