O Rosal dará o último adeus a Samuel Estévez

Samuel, na compaña do escritor Xoán Martínez Tamuxe. (Foto: Noticias O Rosal)

A vila do Rosal dará hoxe, venres 21 de abril de 2017, o seu último adeus ao veciño Samuel Estévez Martínez, que faleceu o mércores aos 88 anos de idade.

A igrexa de Santa Mariña acollerá ás 16:00 horas o funeral pola alma dun “profesional do campo, agricultor nato e popular no sector agrario”.

Samuel naceu en Fornelos o 15 de setembro de 1928. Foi alumno do lembrado mestre D. José Sánchez García, “pioneiro do progreso agrario no noso municipio”.

Así mesmo, foi cabaqueiro en Salamanca, Ferrol, Madrid, Zaragoza, Zamora…

O seu amor e interese polo campo enraizouse en 1952, xa que en unión da súa muller, Elisa Diego González, foron os encargados durante 13 anos da coñecida finca de Serafín Martínez Álvarez “O Bigotes”, denominada “A Valle”. Foi este un formidable campo de experimentación de diferentes cultivos.

En 1975, Samuel Estévez introduciu no val do Rosal o primeiro tomate híbrido, procedente de La Rioja. Nese mesmo ano foi elixido Pro Hombre de la Hermandad de Labradores y Ganaderos de la Villa.

En 1979 foi nomeado Xuíz de Paz do Xuzgado Municipal do Rosal. Un ano máis tarde funda a Cooperativa Hortícola Val do Rosal e en 1982, a Cooperativa Agro-Ganados do Tamuxe. Conferenciante e experto agricultor, o rosaleiro impartiu cursos e charlas por toda a nosa Comunidade.

A principios dos anos 90 foi nomeado presidente da Cooperativa de Huertas de Galicia.

Samuel foi un asiduo colaborador da prensa local, onde escribiu sobre a súa gran paixón, a agricultura. Sen dúbida foi unha peza clave no progreso e evolución da mesma no noso municipio. (Biografía completa en Boletín Informativo Municipal de O Rosal, nº 19, xullo-setembro, 1992).

Dende Noticias O Rosal, o noso máis sincero pésame a familiares e amigos. Unha aperta, Samuel.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies