Jue. Oct 6th, 2022

 

Gabriel Marcelli, campión do mundo de Trial2, con Dani e Celia, xerentes de Skape 30

A terceira edición do “Sorteo da Macrocesta de Nadal” que celebra a cafetería Skape 30 de O Rosal vén de sorprender a clientes, amigos e veciños da contorna, xa que sextuplica o premio inicial de 4.000 € de hai uns anos.

Nesta ocasión, os seus activos xerentes Dani Rodríguez e Celia Carrera, presentan oficialmente ao público a súa rifa da Macrocesta, este ano con máis de 25.000 € en premios, incluíndo a impresionante motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2022, que en breve estará exposta no propio local.

Os “Moteiros do Baixo Miño” colaboran con este sorteo, que está regulado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.

Dende Skape 30 lembran que o premio da cesta, valorada en máis de 25.000 €, aparte da moto BMW, consta sempre de artigos de primeira calidade adquiridos no comercio local de O Rosal e do Baixo Miño, como son unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de productos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.

Máis información no perfil da cafetería SKAPE 30 na rede social Facebook.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies