O Rosal sortea a II Macrocesta de máis de 4000 €

Por segundo ano consecutivo, a cafetería Val Rosal Trintiña (O Rosal-Pontevedra) volve a sortear entre os seus clientes e amigos/as a “Macrocesta de Navidad”, con fantásticos premios valorados en ¡máis de 4000 euros!

Grazas á boa acollida de 2016, os seus xerentes, Dani Rodríguez e Celia Carrera, decidiron seguir tamén en 2017 con esta novidosa iniciativa, coa colaboración de diferentes establecementos de O Rosal e A Guarda.

Destacar a “incorporación” a esta Macrocesta dun Bono Viaxe de 600 € que o agraciado poderá disfrutar só ou acompañado no destino que el elixa.

A rifa, regulada pola Dirección de Emerxencias e Interior, seguirá tendo un prezo de 2 €, sendo o boleto gañador o que conteña as catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo do Cuponazo da Once do día 15 de decembro de 2017. A partir deste venres 14 de xullo xa se poderán adquirir no local as rifas da Macrocesta.

Estes son os produtos da II Macrocesta de Navidad Val Rosal Trintiña.

-Bono viaje de 600 € para disfrutar donde se desee.
-TV de 55’’
-Secadora
-Tablet Samsung Galaxy
-Play Station 4 Pro
-Jamón
-5 botellas bebidas premium
-1 Caja de vino Quinta Couselo
-1 Caja de vino Lagar de Cervera
-1 Caja de vino Pateira

-Equipación del Acanor Atlético Novás

-300 € en rascas de la ONCE
-10 décimos de Lotería Nacional de Navidad
-10 décimos de Lotería de Navidad de la ONCE
-Cambio de ruedas hasta 300 € en MGV Automoción
-Lote de marisco (200 €)
-Lote de maletas de viaje Lois
-200 € en reparación de electrodomésticos de línea blanca. 

Así mesmo, Dani Rodríguez e Celia Carrera, lembran que para celebrar o 25 Aniversario da Feira do Viño do Rosal, que ten lugar na vila esta fin de semana (14, 15 e 16 de xullo) ofrecerán durante os tres días de festa un exquisito “pulpo á feira” no seu céntrico local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies