A tradicional Romaría de San Martiño (que se remonta ao século XVIII) celebrarase en O Rosal o vindeiro domingo 13 de novembro. Tal e como reza o cartel, ás 10:30 horas terá lugar dende a Praza do Calvario a saída do Santo, en procesión ata a súa Ermida no Campo do Couto, onde ás 12:00 horas se oficiará unha misa solemne con sermón.
