Mar. Dic 7th, 2021

Segundo informa o Concello do Rosal, a axenda cultural da nosa vila presenta “propostas para todos os públicos”.

Destacar que se celebrará “un ciclo de xornadas para poder descubrir o patrimonio do Rosal. O 29 de outubro ás 19.30 a mestra e escritora, Adela Leiro, dará a conferencia “Sobre o barro e as telleiras” e o 30 de outubro ás 18.00 horas na praza do Calvario ofrecerase unha mostra de traballo da tella coa participación dos cabaqueiros do Rosal.

O 19 de novembro ás 19.30 h haberá unha formación para coñecer ferramentas informáticas para o estudo de petróglifos no sur de Galicia cunha posterior visita aos xacementos do concello ás 21.00 h e o 26 de novembro o Concello organiza unha charla sobre arqueoloxía e astronomía ás 19.30 e unha saída para observar as estrelas ás 21.00 h”.

Máis información, na web municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies