O Rosal apostará polas actividades ao aire libre na súa programación de verán. Segundo se informa dende o Concello, “a nova realidade mudou tamén a forma de vivir o verán no Rosal. Seguindo as recomendacións sanitarias para previr posibles riscos de contaxio, apóstase este ano por ofrecer unha programación de verán ao aire libre para toda a familia na que os veciños e veciñas poderán desfrutar durante os meses de xullo e agosto de visitas guiadas, concertos, cine e espectáculos de rúa polos barrios.

Todas as actividades terán aforo limitado e naquelas que se celebren nun recinto o público permanecerá sentado en cadeiras distribuídas de xeito que se manteña a distancia interpersoal e tomando todas as medidas de seguridade indicadas polas autoridades sanitarias”.

Máis info, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.