O programa España Directo (TVE) estivo o venres 24 de febreiro gravando nos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal). O coñecido muiñeiro de Martín, Nemesio Castro, acompañado da súa inseparable “Morena”, foron os protagonistas do magacín de actualidade de La 1. (Pincha na imaxe ou aquí para ver o vídeo. O Rosal, a partir do minuto 26).
O equipo de España Directo estivo asesorado en todo momento por J.R. O Rosal, guía do enclave e un dos autores do libro Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.
O programa tamén visitou enclaves das Rías Baixas como as Pozas de Mougás en Oia ou mesmo o Faro de Cabo Silleiro (Baredo-Baiona).