✍️ Concello do Rosal | 📸 Juan Ramón Tamuxe
O Concello de O Rosal acaba de licitar a reforma da Praza do Calvario, un proxecto que suporá unha reforma integral deste núcleo urbano. O plan do Goberno local busca recuperar espazos públicos de calidade para a veciñanza, e conta cun orzamento de máis dun millón e medio de euros. Para financiar parte dos traballos, o Concello acaba de solicitar a axuda ReacPon da Deputación de Pontevedra.
A Praza do Calvario representa o centro social e administrativo do Rosal e está baixo afectación e protección da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, polo que calquera actuación debe contar co seu visto e prace. Na reforma conservarase o uso polivalente da praza, pero cun marcado carácter peonil servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantindo o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais.
A reforma da praza vai dotar de identidade a zona, reforzando o espazo como punto de revitalización urbana e comercial da contorna, propoñendo novos usos e actividades que dinamicen a zona. Na reurbanización vanse usar materiais construtivos que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente e melloraranse as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da Praza. Ademais, como proxecto paralelo á reforma, o Concello prepara tamén unha reordenación da contorna do Calvario, así como do aparcamento.
A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, explica que, “se non hai ningún imprevisto”, as obras comezarán en novembro deste ano. “A recuperación integral deste espazo tan importante para nós está cada vez máis cerca”, afirmou

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.