O Rosal lembra e homenaxea ás súas mulleres

Mª Carmen Alonso, concelleira, xunto a Sandra Alonso, comisaria da mostra

O pasado sábado 11 de marzo inaugurouse no Salón de Exposicións Municipal a mostra Mulleres na Historia con “imaxes antigas das nosas escolas”.

Organizada pola Concellaría de Muller do Rosal, que dirixe Mª Carmen Alonso Alonso, a exposición estará aberta polas mañás de 10 a 14 horas e as tardes de 16 a 20 horas. 

Velaquí vos deixamos un pequeno vídeo-entrevista coa responsable desta mostra que está centrada “no papel da muller na escola, polo que podemos atopar fotografías de gran valor histórico e sentimental. Hai fotografías da construcción das escolas unitarias de cada barrio, do profesorado, individuais de nenas, dos primeiros anos de andadura do centro educativo Suárez Marquier, da participación do alumnado nas olimpiadas escolares que marcaron a toda unha xeración de rosaleiros e rosaleiras.

Podemos atopar tamén fotografías da década dos anos 50 e 60 de nenas en escolas que xa non existen. Merecen un agradecemento especial todas aquelas persoas que colaboraron desinteresadamente na achega das fotografías”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.