✍️📸 Concello do Rosal
O Concello felicita ao Acanor Novás Valinox pola súa clasificación para xogar a fase de ascenso a ASOBAL.
“O Concello e todo O Rosal está co Acanor Novás Valinox. O goberno municipal quere trasladar os seus parabéns ao equipo de balonmán tras a súa clasificación para xogar a fase de ascenso a primeira división, un feito histórico que é “consecuencia do gran traballo e da implicación tanto por parte da directiva como de todo o equipo para loitar polos seus soños incluso nun ano tan complicado a nivel social como o que estamos a vivir”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A rexedora e o concelleiro de Deportes, Germán Fernández, recibiron este venres a unha representación do equipo para demostrarlles todo o seu apoio nesta etapa que arranca na casa este mesmo sábado 20 contra o Cajasur Córdoba (18.00 h). “Para un concello pequeno como O Rosal todo o conseguido polo Acanor Novás Valinox é un grande éxito. Por iso queremos felicitalos e desexarlles de antemán a mellor das sortes”, subliña.
O Concello súmase ademais á marea vermella e iluminará deste cor o edificio en sinal de apoio ao equipo rosaleiro.
O Rosal está con vós!
#ASoñar #FasedeAscenso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.