O Rosal despide 2017 coa súa 4ª “San Silvestre”

Tal e como se pode ler na web municipal, “O Concello do Rosal, en colaboración con comerciantes do Rosal organizan a IV Carreira Popular San Silvestre do Rosal o vindeiro 31 de decembro ás 11.00 horas”.

A iniciativa -recálcase- “xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles. Por esa razón, non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará a participación”.

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
• De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
• De 6 a 10 anos
• De 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil – Adulto:
• De 15 a 20
• De 21 en adiante.

A proba, lémbrase dende o Concello, “celebrarase o 31 de decembro de 2017. Ás 11:00h realizarase a andaina e a continuación terá lugar a carreira non competitiva, estimando que nunha hora estará rematada a San Silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario. A andaina terá 2.400 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 5.142 metros“.

Poderase formalizar a inscrición (2€ por persoa participante) ata as 15:00 horas do 28 de decembro. Información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. (986 62 50 00 e no Facebook Omix Do Rosal).

P.D.: En caso de choiva, o venres se comunicará si se mantén a data do 31 ou ben se apraza uns días o evento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.