O Rosal conmemora as “Letras Galegas 2019”

Informa: Agrupación Musical do Rosal.

O Día das Letras Galegas e un día especial para tod@s, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas.

Nesta data, ademais de enxalzar á figura do escritor, imos amosar a nosa arte a través da música, coas diferentes actividades que organiza a nosa agrupación. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

O día 16 temos preparada unha verbena por todo o alto, coa participación do grupo local de pandereteiras “Tremelique” e coa actuación dos mellores cultivadores de festas populares, os “Festicultores“. Os concertos comezarán ás 21:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar porco ó espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.

Grupo de pandereteiras Tremelique. (Foto: Tremelique)

Xa o 17, Día das Letras Galegas, teremos diversas actuacións e actividades durante todo o día. Terán protagonismo os rapaces da nosa escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, alumnado da escola de música, música tradicional con Orballo, e outros amigos como os grupos de gaitas Imos-lá e Airiños do Tamuxe, e as pandereteiras Tambaluca. Tamén nos acompañarán “Ecopercussión (obradoiro de percusión con materiais de refugallo)” que farán disfrutar os nen@s demostrando o aprendido nun improvisado concerto de batucada.

Aparte da compoñente literaria e musical, nese día tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos… Música, venda de libros, obradoiros, e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realizamos durante o ano na escola de música e no colectivo. Tamén temos confirmada a colaboración do Mercado Local, que estarán presentes participando cos seus postos de artesanía, plantas, costura, etc.

A Agrupación Musical do Rosal vén organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tivemos moi boa acollida por parte do público, asistindo ademais da poboación do Rosal visitantes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.

¡Se queres pasar unhas boas xornadas, acércate ata O Rosal a celebrar con nós as Letras!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies