O Rosal celebra a súa XIV Feira do Libro 2017

Segundo comunica o Concello do Rosal, este domingo 23 de abril se celebrará a XIV Feira do Libro na Praza do Calvario.

“Diversas librerías exporán as súas últimas adquisicións en literatura infantil, xuvenil, novelas, poesía, dramas ou romances entre outros, que terán un 20% de desconto nas mercas dese día”, indican dende o ente municipal.

Así mesmo “dende as 12 da mañá se realizarán obradoiros para nenos e nenas e a partir dás 17.30 haberá contacontos a cargo de Contos do peto”.

O Concello agarda que “o tempo acompañe para poder desfrutar deste evento ao aire libre. En caso de choiva trasladarase ao salón de exposicións”. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies