Dom. Ene 16th, 2022

✍️📸 Concello do Rosal / Foto Miño 

Segundo se comunica dende o Concello “a música continúa esta fin de semana no Rosal coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas organizada pola Coral Ecos do Folón de Fornelos en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, co Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Santa Mariña do Rosal”.

O espectáculo será o vindeiro sábado 11 de decembro ás 19.00 horas no auditorio municipal, con entrada de balde ata completar aforo. Nesta actuación, lembran dende o ente municipal, a Coral Ecos do Folón “estará acompañada polo Coro Passionato de Tomiño. O público poderá desfrutar dun repertorio especial de Nadal baixo a dirección de Jorge Fernández e dun espectacular final en grupo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies