O Rosal celebra a súa ‘XV Feira do Libro, 2018’

Fotos: Arquivo Noticias O Rosal

Este domingo 22 de abril, o Concello do Rosal organiza na Praza do Calvario unha nova edición da Feira do Libro, onde diversas librerías “exporán as súas últimas adquisicións en literatura infantil, xuvenil, novelas, poesía, dramas ou romances…”, que terán, ao igual que outros anos, un desconto nas mercas dese día.

Así mesmo, haberá actividades durante toda a xornada, como obradoiros e contacontos. Máis información, no teléfono 986 62 50 00.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.