O Rosal Calidade. Onde o balonmán é ‘O Rei’

Trofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (111)

Texto: J.R. // Reportaxe fotográfica: Ismael Pacheco.

Espectáculo de primeiro nivel o vivido esta fin de semana (venres 26 e sábado 27 de agosto) no pavillón municipal na XVIII edición do Trofeo Concello do Rosal. Aquí, o balonmán é ‘O Rei’.

zTrofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (103)

Este afamado evento deportivo, organizado polo Acanor Atlético Novás, tivo como campión ao Club Balonmán Frigoríficos Cangas do Morrazo, que venceu nunha intensa final ao Recoletas Atlético Valladolid por un marcador de 25 a 21.

Trofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (88)

Ámbolos dous equipos volveranse a enfrontar esta tempada, mínimo en dúas ocasións máis, xa que competirán na Liga ASOBAL, a máxima categoría do balonmán nacional.

zTrofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (105)

O terceiro posto foi para o “irmán” Viveros Herol Nava (División de Honra Prata) e o cuarto para o anfitrión, o Acanor Atlético Novás, de Primeira Nacional, (27-19).

Trofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (87)

Neste Trofeo Concello do Rosal 2016 tributouse unha sinxela pero emotiva homenaxe aos xa ex-xogadores do Novás, Víctor Armán e Jorge Pousa, que disfrutaron duns minutos fronte ao Valladolid e que lles serviu para despedirse na cancha fronte a súa incondicional afección.

Trofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (120)

O presidente do club, Andrés Senra e o xerente de Acanor, Moncho Vicente, fixeron entrega de sendas placas de recoñecemento e lembranza a tantos anos dedicados ao Novás.

Trofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (129)

Especial foi, tamén a bo seguro, para os xogadores da vila, abandeirados claros de “O Rosal Calidade”, Xavi Díaz (Valladolid), Dani Cerqueira e Paulo Dacosta (Cangas), que volvían á “Jalleira” xogando en equipos da élite nacional, integrantes da mencionada ASOBAL.

zTrofeo Concello do Rosal Acanor Novás 2016 (109)

Sen dúbida, unha gran fin de semana “balonmanística” e de festa do deporte neste “Xardín do Baixo Miño”, que seguirá co Acanor Atlético Novás que dirixe José Ramón Muñoz “Jota”, como protagonista na Copa de Galicia e, por suposto, na apaixonante liga 2016/17, que comeza neste mes de setembro.

¡A disfrutar!

« 1 de 9 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies