
O Rosal acolle o 2º Festival para “Xente Xida”
O martes 24 de xullo, con motivo das Festas do Pilar do Rosal e tras a fantástica acollida da edición inaugural, terá lugar o II Festival Xente Xida que un ano máis organiza o grupo de música tradicional “O Trebón dos Xidos“.

Así, “a Asociación Cultural XIDA en colaboración co Concello do Rosal e a súa Concellería de Cultura queremos presentar un festival cun escenario cen por cen con artistas femininas, artistas multidisciplinares, unha mestura de música e posta en escea que pretende abraiar e divertir a todos os asistentes”.
Tremelique, Maraghotas, Áureas e Habelas Hainas conforman o cartel “2018 en feminino” (coa participación especial de Marilucha “A Meiga”).
