O Rosal acolle o día 3 a presentación de ADIAF

Informa: Raquel Rodríguez Lomba / ADIAF

O día 3 de Marzo ás 19h no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal presentamos oficialmente ADIAF* (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar).

ADIAF nace co propósito de dar unha resposta de calidade ás necesidades das familias da zona do Baixo Miño con nenos/as con dificultades ou en risco de padecelas. Creamos un servizo de proximidade e de calidade partindo do enfoque centrado na familia e en entornos naturais de desenvolvemento que combina innovación e experiencia.

En moitos casos, unha mala interpretación ou descoñecemento do enfoque pode facer que se confunda con “intervención a domicilio” pero é moito máis, trátase dunha reconceptualización do papel do profesional, da familia, da escola e do contexto onde se desenvolven as rutinas dos nenos/as.

Ademáis é un método sistemático, cheo de ferramentas de traballo que nos permiten valorar, intervir e avaliar incidindo na calidade de vida familiar incrementando a motivación das persoas implicadas.

En EEUU e diversos países de Europa é un modelo recoñecido e consolidado. En España, Castela A Mancha, Valencia, Murcia xa están inmersos no cambio de paradigma. En Galicia é unha experiencia pioneira!

Se queres coñecernos e saber máis, estás convidado o día 3 de marzo ás 19:00h no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal, ao que aproveitamos para agradecer a súa colaboración. Ademáis tamén haberá uns “pinchos” para todos os asistentes onde poderemos intercambiar impresións e resolver tódalas dúbidas que poidan xurdir.

*ADIAF foi posta en marcha por tres profesionais da Atención Temperá con moita traxectoria neste eido, vivindo en primeira persoa as carencias coas que se atopan as familias de nenos e nenas con dificultades no seu desenvolvemento:

José Cardama Barrientos un dos tres fundadores de ADIAF, director do Gabinete de Psicoloxía Arca de Vigo, PREMIO REINA SOFÍA da Atención Temperá no ano 2013 como membro do GAT, corelator no Libro Blanco de Atención Temprana, co-autor do programa Atempo, etc…

Elisabet Estévez Méndez, pedagoga, con master en Atención Temperá pola USC, con máis de 10 anos de experiencia, creadora do Proxecto de investigación na sistematización dos sistemas aumentativos de comunicación na etapa 0-3, etc…

Raquel Rodríguez Lomba, educadora infantil con máis de 16 anos de experiencia como Directora en escolas infantís, estimuladora nas “unidades de atención temperá” creadas nas escolas infantís, especialista e formadora na aplicación de Sistemas Aumentativos de Comunicación nas aulas e nas familias.

Para máis información podedes visitar a nosa páxina web www.adiaf.es“.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies