Mar. Ene 31st, 2023

Carlos Álvarez Antúnez, ‘Sevi’, vén de coroarse -xunto ao seu compañeiro Iván Rodríguez ’30’– como campión do “Torneo de Futbolín Reyes sin Parar” que se celebrou este sábado 7 de xaneiro no Bar Troya (Marzán-O Rosal) coa participación de 26 xogadores/as.

Sevi e Iván ’30’, campións

O cancerbeiro de Fornelos, ex campión de España en Movemento F-2 en 2010, fai historia e gaña desta maneira un novo campionato tras o seu segundo posto no Mundial de Futbolín O Rosal 2022 e volve a ser elixido mellor porteiro e mellor xogador do torneo (ademais de máximo goleador, con 57 tantos).

Sergio Trinta e Jorge Lorenzo, subcampións

Sevi e Iván leváronse o título tras gañar na gran final a Sergio Trinta e Jorge Lorenzo, que foron segundos. O terceiro lugar no podium foi para o equipo formado por Juan Usoz e Javi ‘Eiras’.

Javi “Eiras” e Juan Usoz, 3º posto

Lembramos que este “Torneo de Reyes” é a terceira proba puntuable da Liga de Futbolín O Rosal 2022/2023 que organizan Editorial Tamuxe e Planeta Futbolín coa colaboración do Bar Troya, Cafetería Nenza Xida, Cerrajería Vintanox e La Selva Club.

Mª Jesús Rodríguez “Susa” (Bar Troya) fai entrega dos premios aos campións

 

Clasificación “Torneo de Futbolín Reyes Sin Parar”:

1º: Sevi -Iván Trinta: 25 puntos.

2º: Sergio Trinta – Jorge: 18 puntos.

3º: Juan Usoz – Javi Eiras: 15 puntos.

4º: Fran Goián – Ruth – Dany Míguez: 12 puntos.

5º: Juan R – Gabri: 10 puntos.

6º: Neiva – Demo: 8 puntos.

7º: Virito – Desi: 6 puntos.

8º: Borja – Mella: 4 puntos.

9º: Iván Cardal – Adrián Chapi: 2 puntos.

10º: Tucho – Miri: 1 punto.

11º: Suso – Iván Vigo: 1 punto.

12º: Andrés – Juan Souto: 1 punto.

13º: Nico – Marzán: 1 punto.

JUGADOR REVELACIÓN: Iván Rodríguez “Trinta”.

MÁXIMO GOLEADOR: Carlos Álvarez “Sevi”: 57 goles.

MELLOR PORTEIRO: Carlos Álvarez “Sevi”.

MELLOR XOGADOR: Carlos Álvarez “Sevi”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies