Hoxe, venres 30 de setembro, o Bar do Quesy (O Rosal) acollerá, a partir das 22:00 horas, unha exclusiva exhibición de Guille Somoza Pazos, Campión de España de Futbolín, do Máster Nacional de Rábade, Campión da Liga Nacional de Futbolín e Campión Galego, entre outros títulos, e considerado, para moitos, o mellor xogador do Mundo, xunto cos tamén galegos José Meizoso ou Ángel Castiñeira.
O RETO
O que todos teñen claro é que Guille Somoza é ‘O Rei’ da Competición Nacional de Futbolín (CNF) e dos novos Futbolines Fisterra. Aparte de realizar a exhibición e ensinar a xogar a quen o desexe, Guille retará, pois, esta noite, no Bar do Quesy a 1 ou a 2 contrincantes ao mesmo tempo contra el. Quen lle gañe 2 partidas consecutivas, terá unha consumición; quen lle gañe 3 consecutivas, levarase ¡50 euros!
